Domingo Villar
(2014) | |
Nome orixinal | (gl) Luis Vilariño |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de marzo de 1971 Vigo, España |
Morte | 18 de maio de 2022 (51 anos) Vigo, España |
Causa da morte | ictus |
Actividade | |
Campo de traballo | Deportista, Escrita creativa e profesional, guión cinematográfico e gastronomía |
Ocupación | escritor, xornalista |
Xénero artístico | Narrativa |
Premios | |
| |
Domingo Villar Vázquez, nado en Vigo o 6 de marzo de 1971 e finado na mesma cidade o 18 de maio de 2022[1], foi un premiado escritor galego de novela negra. Creador do personaxe do inspector Leo Caldas, protagonista dunha triloxía composta por Ollos de auga (2006), A praia dos afogados (2009) e O último barco (2019). Os seus libros foron traducidos a máis de quince linguas[2].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Ciencias Empresariais, despois de probar en Dereito. Comezou facendo guións de cine e televisión, despois foi comentarista de gastronomía, literatura e fútbol na Cadena SER e RNE.[3]
Residiu en Madrid e colaborou en diversos medios de comunicación escritos. Era un apaixonado do poeta Carlos Oroza, do escritor Robert Louis Stevenson e o seu cociñeiro Long John Silver, e a canción "Si te vas" de Extremoduro.[3]
Faleceu no Hospital Álvaro Cunqueiro logo de sufrir un ictus cerebral.
Obra
[editar | editar a fonte]Escribiu tres novelas negras, co inspector Leo Caldas como protagonista, e un libro de contos.
- Ollos de auga (2006). Vigo: Galaxia. 248 páxs. ISBN 978-84-9151-197-7. Foi traducida ao castelán (Ojos de agua),[4] ao inglés (Water-blue eyes, tr. Martin Schifino),[5] ao italiano (Occhi di acqua, tr. S. Sichel),[6] ao alemán (Wasserblaue Augen, tr. Peter Kultzen)[7] e ao sueco (Nattens mörka toner: Ett fall för kommissarie Leo Caldas, tr. Lena E. Heyman).[8]
- A praia dos afogados (2009). Literaria n.º 273, Vigo: Galaxia. 512 páxs. ISBN 978-84-9151-432-9. Foi traducida ao castelán,[9] ao portugués, ao italiano,[10] ao alemán (Strand der Ertrunkenen, tr. Carsten Regling),[11] ao inglés (Death on a Galician shore, tr. Sonia Soto),[12] ao francés (La plage des noyés, tr. Dominique Lepreux),[13] ao polaco[14], sueco (De drunknades strand, tr. Lena E. Heyman) e ao neerlandés.[15]
- O último barco[16] (2019). Vigo: Galaxia. 800 páxs. ISBN 978-84-9151-304-9. Foi traducida ao castelán.[17][18] Editado como audiolibro en 2020.[19]
- Algúns contos completos (2021). Vigo: Galaxia. 112 páxs. ISBN 978-84-9151-651-4. Con linogravados de Carlos Baonza. ISBN 978-84-91-51-651-4.[20] [21]Publidada no mesmo ano, en castelán, por Ediciones Siruela.[22] Contén 10 relatos:
- "Eliška e a lúa"
- "La Maruxaina e o señor Guillet"
- "O espiritista do Grove"
- " A Santa de Bella Unión"
- " Filipe o Mesías"
- "Mabel e os talkies"
- "Don Andrés o Guapo"
- "Michael "Chico" Cruz"
- "Os quince anos de Isabel Daponte"
- "Comodoro Ledesma"
Teatro
[editar | editar a fonte]- Síbaris (2023). Vigo: Galaxia. 164 páxs. ISBN 978-84-1176-139-0.
Tradución (do galego ao castelán)
[editar | editar a fonte]- Cosas (orixinal: Cousas), de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, en tándem con Luis Solano (Libros del Asteoride, 2021). Autor tamén do prólogo.[23]
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Sintagma 2007[24]
- Premio Fervenzas Literarias 2009.
- Premio Brigada 21 en 2009[25]
- Libro do ano pola Federación de Libreiros de Galicia 2009[26]
- Premio Antón Losada Diéguez 2010[27]
- Premio Cultura Viva de Narrativa 2016.
- 2020: El último barco, premio Ciudad de Santa Cruz de Novela Criminal, un galardón que concede Tenerife Noir á mellor novela negra en castelán do ano.[28]
- Vigués distinguido 2022.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Muere el escritor vigués Domingo Villar a los 51 años". Faro de Vigo. 18 de maio de 2022.
- ↑ (...)Ollos de auga. Traducida ao inglés, alemán, italiano, ruso, búlgaro e sueco. (...)A praia dos afogados, traducida ao polaco, italiano, alemán, francés, holandés e inglés. "Domingo Villar o el placer de la novela negra", Paco López-Barxas, El País, 5 de xuño de 2011 (en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Martínez, Ana (2022-05-18). "Adiós al "pesimista alegre", un virtuoso de la novela negra". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2022-05-19.
- ↑ "Ojos de agua". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 28/11/2019.
- ↑ "Water-Blue Eyes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 28/11/2019.
- ↑ "Occhi di acqua". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2018. Consultado o 28/11/2019.
- ↑ "Wasserblaue Augen". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 28/11/2019.
- ↑ "Nattens mörka toner: Ett fall för kommissarie Leo Caldas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2018. Consultado o 28/11/2019.
- ↑ "La playa de los ahogados". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 28/11/2019.
- ↑ "La spiaggia degli affogati". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 28/11/2019.
- ↑ "Strand der Ertrunkenen". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 28/11/2019.
- ↑ "Death on a Galician Shore". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 28/11/2019.
- ↑ "La plage des noyés". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 28/11/2019.
- ↑ "Plaża topielców". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 28/11/2019.
- ↑ "Het strand van de verdronkenen". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 28/11/2019.
- ↑ Lema, Carlos (xaneiro-febreiro-marzo, 2019). "A novela democrática. Sobre 'O último barco', de Domingo Villar". Grial (221): 82–85. ISSN 0017-4181.
- ↑ "El último barco de Domingo Villar". www.siruela.com (en castelán). Consultado o 28/11/2019.
- ↑ Penelas, Patricia (outubro, novembro, decembro 2019). "Sensibilidade e perfección villarians". Grial LVII (224): 103–104. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Siruela publica 'El último barco', de Domingo Villar, en audiolibro". www.europapress.es. 5/5/2020. Consultado o 18 de maio de 2022.
- ↑ "Editorial Galaxia". editorialgalaxia.gal.
- ↑ Penlas, Patricia (abril, maio, xuño 2022). "Domingo Villar: da novela ao conto". Grial LX (234): 88–98. ISSN 0017-4181.
- ↑ Algunos cuentos completos en Google Books.
- ↑ Dasilva, Xosé Manuel (xaneiro, febreiro, marzo 2022). "Traducir "Cousas" para o castelán". Grial LX (233): 118–119. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Premios Sintagma". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2011. Consultado o 26 de abril de 2013.
- ↑ "La playa de los ahogados, de Domingo Villar, obtiene el Premio Brigada 21" Arquivado 13 de novembro de 2012 en Wayback Machine., Periodistas en español (en castelán)
- ↑ "Os libreiros entregaron os premios Irmandade do Libro" Arquivado 21 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., Federación de Libreros de Galicia, 13 de abril de 2010.
- ↑ "O premio Losada Diéguez recaeu en Carpintero e Domingo Villar" Arquivado 30 de abril de 2010 en Wayback Machine.
- ↑ ""El último barco", de Domingo Villar, mejor novela negra para Tenerife Noir". ElDiario.es (en castelán). 28/11/2019. Consultado o 29/11/2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Domingo Villar |